Política de Privacidade

Con este documento, querémosche informar de cales son os motivos polos que recollemos os teus datos persoais, qué facemos con eles, cales son os teus dereitos e de que xeito podes exercelos. Se de verdade che interesa o destino dos teus datos, recomendámosche que invirtas un par de minutos en leelo.

Quén é o responsable dos teus datos?

  • IdentidadeCofradia De Pescadores Virgen del Rosario – G36012854 (en adiante, CONFRARÍA)
  • Dirección: Calle Vazquéz Leis 16, Vilaxoán (36600), Pontevedra
  • Teléfono: +34 986 50 09 24
  • Contacto DPD: cofradia@cofradiavilaxoan.org

Con qué finalidade recollemos os teus datos persoais?

Na CONFRARÍA recollemos e tratamos a información que nos facilitas coa fin de xestionar o teu traballo no mar, así como tamén de facerche chegar información que sexa do teu interese a través dos nosos canais de comunicación.

Dita información se manterá almacenada entanto non solicites a súa supresión.

Cál é a lexitimación prao tratamento dos teus datos?

As bases legais prao tratamento dos teus datos son as seguintes:

  • Inscrición como socio da CONFRARÍA e obtención do teu consentimento pra tratar os datos e xestionar o teu traballo no mar.

Dado que moitos destes datos son necesarios pra xestionar o teu traballo, mentres sexas socio da CONFRARÍA, precisamos o teu consentimento pra darte este servizo.

A quén se comunicarán os teus datos de carácter persoal?

Para poder ofrecerte os nosos servizos cunha mellor calidade e cumplir coas nosas obrigacións fiscais, facémosche saber que os datos que nos facilites poden ser cedidos a:

  • Qualigy Solutions Innovation SL, con domicilio fiscal na  Rúa Arealonga 19, 36613 – Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), encargado de proporcionar o servizo Xesmar e a aplicación móbil da CONFRARÍA.
  • Xunta de Galicia e as consellerías pertinentes, encargadas da expedición e da renovación do PERMEX.

De qué terceiros recibimos datos?

A aplicación pode recibir información das lonxas pra informar das vendas do día.

Cales son os teus dereitos cando nos facilitas os datos persoais?

O feito de que nos cederas os teus datos e nos deras consentimento pra tratalos, non supón un contrato de escravitude a nosa vontade. Existen unha serie de dereitos que podes exercer en calquera momento, nos que se recollen:

  • Dereito a solicitar o acceso aos teus datos de carácter persoal.
  • Dereito a solicitar a rectificación ou supresión.
  • Dereito a solicitar a limitación do tratamento de datos.
  • Dereito a oporse ao tratamento de datos.

Pra exercer os teus dereito, podes poñerte en contacto con nós a través do correo cofradia@cofradiavilaxoan.org.

Tamén che informamos, que si diste o teu consentimento pra algunha finalidade específica, tes dereito a retiralo en calquera momento, sen que isto afecte a licitude do tratamento basado no consentimento previo a súa retirada, sempre e cando esta non sexa necesaria pra xestión dos traballos ou a comunicación entre socios.

Tamén che informamos que podes presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, especialmente cando non esteas satisfeito no exercicio dos teus dereitos.

 

A Política de Privacidade foi actualizada por derradeira vez o 13 de Xuño de 2018.

 

Acepta as nosas cookies nesta páxina pra axudarnos a mellorar! Máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Pechar